top of page
Buscar
  • Foto del escritorUxía Pérez

O test Bechdel e as personaxes femininas

Podería alguén imaxinarse unha película na que non aparezan máis de dous homes, ou unha na que estes non teñan nome? A negación é rotunda, pois somos todos os espectadores os que estamos máis que familiarizados cunha presenza maioritariamente masculina na gran pantalla.


Pero que pasaría se lle désemos a volta a este suposto? Que a hipótese se volve realidade. Clásicos do cinema como Toy Story, Regreso ao futuro, Almorzo con diamantes ou A guerra das galaxias contan cunha representación feminina apenas existente.


En 1985 a diseñadora de cómics Alison Bechdel publicaba unha tira cómica chamada The Rule, que aparecía na páxina 22 de Dykes to Watch Out For. As protagonistas desta escea manteñen unha conversa nacida nun primeiro instante case como unha broma, que anos máis tarde rematou por consolidarse como un sistema para avaliar a fenda de xénero no cinema, teatro ou mesmo na literatura. 


Unha das personaxes defende que soamente aceptaría ver unha película que cumpra tres requisitos: que aparezan polo menos dúas personaxes femininas, que estas interactúen entre elas e que esta conversa sexa sobre algo que non sexa un home. Esta última condición non estaría limitada a relacións románticas, polo que dúas irmás falándo sobre o seu pai non supera o test. Tempo despois de que esta tira cómica vira a luz e fora acollida polo público, naceu unha nova variante que reivindica que estas dúas mulleres sexan personaxes con nome. 



A tira cómica a partir da cal se popularizou o test




Dende aquel xa afastado 1985, as mulleres seguiron a loitar por facerse co lugar que lles pertence na cultura ciemátografica. O nove de febreiro celebrouse a 92ª edición dos Premios Oscar en Los Ángeles e tan só foron catro do total de filmes nominados, os que cumprían con estes parámetros. Estas películas foron Little Women, Parásitos, Jojo Rabit e Historia dun matrimonio. 


Alison Bechdel non pretendía crear un método serio de representación, mais isto converteuse nunha teoría moi extendida na crítica cinemátografica. A loita feminista acolleu a tira cómica para destacar a pouca presencia da muller na industria cultural, pero ata que punto é o test de Bechdel un calificativo feminista?


O test mide a representación feminina diante da cámara, mais non avalía os comportamentos das personaxes nin o número de mulleres que traballan detrás da cámara. Unha das características que reivindican os colectivos feministas é que para ser consideradas como tal, non perpetúen os roles de xénero baseados na desigualdade.


No 2017 o portal FiveThirtyEight recolleu as testemuñas de centos de mulleres da industria para que elas mesmas analizasen a situación. Foi así como naceron novas iniciativas que reclamaban unha vez máis,  unha maior relevancia e visibilización das mulleres que traballan na gran pantalla. A existencia de películas feitas por e para mulleres é un dos maiores compromisos. 


Unha das iniciativas máis aplaudidas pola crítica, froito do traballo anterior, foi o test de Pierce. A cineasta Kimberly Pierce analiza a historia dun filme na súa totalidade: “eu fíxome nas protagonistas femininas e se na súa historia hai desexos autónomos”.

Estes novos estudos, non anulan a lexitimidade que no seu momento tivo Alison co test de Bechdel, pero o certo é que estas novas propostas aportan e analizan novos puntos de vista máis alá. 


As nosas recomendacións

A mellor forma de dar valor ao traballo das mulleres no mundo audiovisual e consumir contidos feitos por e para reivindicar a súa forza e independencia. Por iso, dende Cativa elaboramos a seguinte lista de películas e series para desfrutar durante a corentena.


As primeiras das nosas recomendacións veñen da man de Disney. Tanto Brave como Moana son dous filmes que rompen por completo co estereotipo das princesas desta compañía. Ningunha das historias basean o seu argumento na búsqueda do amor romántico, senón que son elas as que loitan por salvar as súas familias, deixando de lado totalmente esta figura masculina. Son dúas historias de animación que representan a imaxe dunha muller forte, independente e loitadora.


Trasladámonos dende Estados Unidos a Xapón para suxerir A Viaxe de Chihiro. A película anime de Studio Ghibli conta a aventura dunha nena que, encerrada nun mundo de fantasía, loita para recuperar a súa liberdade. A cuarta recomendación pon fin as nosas propostas no mundo da animación. O filme Persépolis fai un percorrido pola vida dunha muller dende a súa infancia nun contexto bélico ata as dificultades da súa vida adulta. 


Figuras Ocultas é a seguinte desta lista. O filme narra a historia de tres científicas afroamericanas que en plena loita civil polos dereitos da poboación negra, chegaron a traballar para a NASA durante os anos 60. Elisa e Marcela é outra historia baseada en feitos reais na que dúas mulleres galegas se namoran nunha época na que o amor entre dúas persoas do mesmo sexo era unha condea. 


Para finalizar, destacamos 13 rosas. Esta película narra a tortura de trece mulleres que, unha vez rematada a Guerra Civil Española, son vítimas da represión franquista.


Pola outra banda, e adentrándonos no mundo das series, recomendamos Girls. Un grupo de mulleres que nun ambiente neoiorquino propio dunha sitcom, tratan de buscar o seu camiño profesional e sentimental na cidade. Dear White People é outra das suxerencias, que mantendo a estética dunha universidade estadounidense abre o debate da loita de clases, o racismo e o feminismo da man da súa protagonista.


Para finalizar as nosas propostas destacamos O conto da criada. O argumento da serie preséntase nun futuro distópico no cal unha moza é forzada a vivir como concubina para dar fillos a un home. 




26 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page