top of page
Buscar

Mufest, mulleres colonizando a industria audiovisual

  • Foto del escritor: Revista Cativa
    Revista Cativa
  • 10 mar 2020
  • 2 Min. de lectura

Santiago de Compostela acollerá o Festival de Cine feito por mulleres do día 10 ao 14 de marzo


Encontro de festivais feitos por mulleres. Fotografía: Sara García Balseiro
Encontro de festivais feitos por mulleres. Fotografía: Sara García Balseiro

Un total de 627 filmes procedentes de 50 países participan na cuarta edición do Mufest, un festival de cine feito por mulleres, un evento organizado pola andaina de mulleres, asociación cultural. Unha iniciativa co fin de promover o crecemento artístico de directoras, productoras e guionistas no sector audiovisual, un espazo ocupado tradicionalmente por homes.


Dende o día 10 de marzo comezarán as actividades. A proxección de curtas e longametraxes serán as protagonistas nestas xornadas, nas que tamén haberá un espazo reservado ao debate entre personalidades relevantes do sector.


As xornadas comezaron coa presentación do festival no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela da man da asociación cultural organizadora, Andaina de Mulleres e na que estivo presente Noa Díaz, a concelleira de Igualdade do concello de Santiago. Despois desta tivo lugar a primeira mesa redonda que consistiu nun encontro entre distintos festivais de cine feitos por mulleres, que estivo composto por Teresa Gómez Louzao do Mufest, Marta Nieto Postigo da Mostra Internacional de Films de Dones de Barcelona e Amaia Barandica Ortiz de Zárate da Muestra Internacional de Cine y Mujeres de Pamplona. Ademais interviu Antónia Pedroso de Lima do Festival Olhares do Meditârreneo-Women’s Film Festival, que ante a imposibilidade de asistir a Compostela achegou a súa aportación a través dun video. Xa ás 20:00 horas proxectouse a primeira longametraxe do festival, Hotel Explotación.


As proxeccións e as mesas redondas continuarán ata o sábado, pero será o venres cando se celebre a entrega de premios ás mellores curtas e filmes. Os galardóns outorgaranse ao mellor filme de ficción, ao mellor filme documental, á mellor curtametraxe e haberá dúas mencións, ao mellor filme galego e o premio do público. Os gañadores levarán uns zocos lilás feitos por Eferro. Tras o acto, haberá unha festa clausura na Sala Capitol con actuacións musicais.


Cartaz da cuarta edición do Mufest
Cartaz da cuarta edición do Mufest

Comentários


2020. Revista Cativa. 

bottom of page