top of page
Buscar
  • Foto del escritorTania Forja

Descubrir o feminismo a través das protagonistas


O confinamento continúa e con el a nosas ganas de facer que o voso tempo pase máis rápido á vez que aprendemos. Por iso deixámosvos a continuación unha escolma de documentais, todos eles dispoñibles en Netflix, de temática feminista. 


Os documentais permiten expresar a realidade a través dunha canle audiovisual. A veces precisamos o relato do protagonista que nos mire e ao que poidamos mirar para comprender o mundo no que vive. A veces necesitamos ver imaxes sen filtros para coñecer o que hai máis aló dos nosos zapatos. Por iso, os documentais son necesarios para entender o feminismo. De xeito didáctico e a través de testemuños directas, así como estudosos e profesionais, coñecemos e comprendemos un movemento que loita pola emancipación da muller.


Dende Cativa fixemos unha escolma de documentais que tratan diversos temas, dende os máis xerais que explican o movemento de xeito didáctico ata os que explican realidades de mulleres de todas as partes do mundo, ou mesmo problemáticas que seguen presentes no mundo actual, como o estigma da menstruación ou a mutilación feminina.


O primeiro da nosa lista é Unha revolución en todas regra, unha curtametraxe documental que gañou un Óscar no 2018 na súa categoría. Dirixido por Rayka Zehtabchi, esta obra documental trasládanos a unha vila rural de Dehli en India, onde un grupo de mulleres loita contra o estigma da menstruacións. Por mor das condicións socioeconómicas do lugar, moitas mulleres non teñen acceso a produtos de primeira necesidade como compresas, o que impide que poidan acudir ao colexio ou traballo nos días nos que teñen a menstruación. O documental trata esta problemática e ensina a revolución que viviron as mulleres do lugar cando se instala na vila unha máquina que permite crear as súa propias compresas grazas a “The Pad Project”.




A segunda proposta é Que co#o está pasando? un documental do 2019 dirixido por Marta Jaenes e Rosa Márquez. A través de entrevistas a xornalistas, políticas, escritoras, activistas e outras personalidades, a obra aborda o feminismo en España. A peza trata numerosas temáticas como o feminismo de clase, o burgués, a mercantilización do movemento, a influencia da pornografía e a prostitución nos máis novos, o auxe do feminismo nos últimos anos, a violación da manada e outros moitos puntos necesarios para entender a evolución da loita pola igualdade de dereitos entre mulleres e homes que se produciu no Estado Español nos últimos anos.




A mutilación feminina aínda que poida parecer un feito arcaico e do pasado segue presente en moitos países de África, Asia e América. Sobre el vai o documental dirixido por Jose Manuel Colón Armario, A mazá de Eva. Nel abórdase unha realidade que a día de hoxe segue a producirse en máis de 28 países e que atenta contra a vida e o corpo de milleiros de nenas cada ano.




Retratos do Feminismo, dirixida por Johanna Demetrakas, a partir de fotos tomadas na década dos 70 por Cynthia Macadams nas que o feminismo nos Estados Unidos comezaba a ser un axente transformador da sociedade, o documental mostra a través das fotografadas os cambios que experimentaron as mulleres nos últimos anos. Jane Fonda, Lily Tomlin, Judy Chicago, Laurie Anderson, Aloma Ichinose ou Michelle Phillips son algunhas das protagonistas que tratan temas como a identidade, o aborto, a raza, a infancia, a maternidade ou a sexualidade.




Seguindo cos Estados Unidos como punto de encontro, o documental dirixido por Amy Berg, This is personal, aborda o proceso de organización da Marcha das Mulleres, un movemento de loita pola igualdade de xénero que se formou cando Donald Trump chegou á Casabranca en xaneiro de 2017. O documental conta a través das súas organizadoras como se forxou o movemento que logrou congregar en Washington DC a máis de medio millón de persoas á vez que se replicaba o exemplo con marchas por todo o mundo.



Jennifer Siebel Newsom dirixe Miss Representation, un documental do 2011 no que se trata a influencia dos medios de comunicación sobre nenos e adolescentes sobre o papel da muller na sociedade. Céntrase especialmente na hipersexualización da muller e na pouca representación en postos de poder e de relevancia, centrándose especialmente na política.




Por último, Todas teñen unha historia de Nils Tavernier é un documental francés que conta as vivencias de cinco mulleres de Camerún, Senegal, Etiopía, Camboia e Nicaragua. A través delas os espectadores descobren historias de crecemento persoal e superación e de axuda entre mulleres que viven unha realidade afastada á das occidentais.



19 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page