top of page
Buscar

Novo caso de violencia de xénero en Lugo

  • Foto del escritor: Sara García
    Sara García
  • 18 mar 2020
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 23 may 2020

Os feitos tiveron lugar onte, arredor das dúas da tarde, no barrio de Fontiñas


Un veciño de Lugo foi detido o pasado 17 de marzo, sobre as dúas da tarde, por un delito e violencia de xénero. O suxeito agarrou á súa parella polo pescozo e golpeouna na cara.

Foi unha veciña do barrio a que alertou á policía ao escoitar os berros dunha muller no mesmo edificio no que ela vivía. Ao chegaren os axentes e oír os berros dende as zonas comúns do bloque accederon ao interior da vivenda de onde identificaron que saían os gritos.

A muller denunciou que a súa parella a agarrara polo pescozo ao mesmo tempo que lle dera un golpe na mandíbula. Pola súa parte, o home manifestou que fora ameazado pola súa parella cun coitelo.

Os axentes detiveron ao home e levárono ata as dependencias policiais e a vítima foi trasladada ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) para recibir atención médica.


Dende o Ministerio de Igualdade recordan que os servicios estatais contra a violencia de xénero están funcionando correctamente. Recordan que aquelas vítimas que se atopen nunha situación deste tipo e en especial durante a corentena polo Covid-19, poden chamar ao teléfono 016 ou enviar un correo ao 016-online@mscbs.es. A Comisión para a investigación de malos tratos tamén atende de 9h a 17h a mulleres que sufran malos tratos durante o estado de alarma no número 900.100.009.



 

Fonte: Europa Press.


Comments


2020. Revista Cativa. 

bottom of page